Ortodoncia Lingual: "A ortodoncia que non se ve"
Queres someterte a ortodoncia pero non queres que ninguén te vexa con brackets?
Agora podes facelo grazas aos brackets linguais ou invisibles, son unha alternativa igual de eficaz que os brackets convencionais e coñécese como Ortodoncia Lingual.
Unha das vantaxes da ortodoncia lingual é que permite mellorar o sorriso sen que os demais noten que te estás realizando un tratamento de ortodoncia. Son ideais tanto para adultos como adolescentes que non queren que os seus aparellos se vexan, levándoos dunha maneira discreta e sen necesidade de colaboración.
En Clínica Ortodoncia MF somos especialistas nesta técnica onde os brackets se colocan na cara interna do dente e non se aprecian ao sorrir, comer ou falar. Fabrícanse de forma individualizada, feitos a medida para cada dente, polo que resultan moi cómodos e ademais son bastante finos para evitar molestias ao falar e ao comer. Os pacientes adoitan adaptarse rápido.
Coa ortodoncia lingual pódese corrixir calquera problema de apiñamento ou maloclusión que poida tratarse con brackets: mordedura aberta, mordedura cruzada, sobremordedura, apiñamento, etc. Para iso é necesario que quen realice o tratamento teña un profundo coñecemento da técnica xa que é máis complexa que a convencional e require dunha ampla experiencia clínica para obter os resultados desexados. A Dra. Mercedes Fayos Fons é experta en ortodoncia lingual e en casos complexos, sendo unha das poucas ortodoncistas de España que conseguiu superar todas as probas para ser membro activo da Sociedade Mundial de Ortodoncia Lingual (www.wslo.org).
Para levar a cabo o tratamento, o paciente acode á clínica onde se lle realiza un escaneado dos seus dentes obténdose un modelo dixital sobre o que se fabrican os brackets a medida.
Tanto o prezo como a duración dependen da complexidade do caso, por iso non se pode precisar con exactitude ata que non se realice un completo estudo (rexistros diagnósticos). Na nosa consulta dispoñemos dun sistema de financiamento sen intereses adaptado a cada paciente.
O mes de outubro ímolo adicar á ortodoncia lingual para que poidas vir consultarnos o teu caso sen compromiso e onde poderás ver, tras realizar un escaneado da túa boca, unha simulación en 3D de como che quedará o teu sorriso despois do tratamento. Ademais, co teu tratamento de ortodoncia lingual incluímos un cepillo eléctrico para que poidas mellorar a túa hixiene dental.
Pide a túa cita xa no 986 903 703 ou a través da nosa web www.clinicamf.com ou visita a nosa clínica na rúa Benito Corbal 14, 2º AB en Pontevedra.