A Lama amplía o camiño do cemiterio de Berducido
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, na compaña do concelleiro de zona Francisco Pérez e os edís Daniel Vidal e José Fortes, procederon a inspeccionar os traballos de ampliación e mellora do camiño ao cemiterio parroquial de Berducido grazas aos que este vial gañará dous metros de ancho máis favorecendo así a circulación e seguridade viaria nesta estrada local.
Jorge Canda e Francisco Pérez incidiron principalmente ante os responsables da empresa construtora encargada de facer as obras na mellora da seguridade vial e en lograr unha maior amplitude para un camiño que se quedaba moi estreito para a función comunicativa para a que fora creado.
Para levar adiante estos traballos, o Concello recabou a colaboración dos propietarios dos terreos colindantes co vial para permitir a cesión que fixera posible o seu ensanchado.
Nestes momentos estase rematando o retanqueo do muro con cachotería tradicional e unha tapa en pedra para garantir a súa consolidación ante o efecto erosivo da choiva. Tamén se procede ao seu asfaltado en quente e se mirará a posibilidade de mellora-lo cruce de vehículos nalgún dos tramos deste camiño para favorecer aínda máis a circulación de vehículos e a seguridade vial.