Fomento mellora a seguridade viaria da nacional N-640 ao seu paso polo centro urbano de Cuntis
Por Redacción
O servizo de conservación de Rede de Estradas do Estado está a acometer obras de mellora na intersección da nacional N-640 coa estrada PO-220 ao seu paso polo centro urbano de Cuntis.
Esta actuación fora solicitada polo Goberno Local de Cuntis e consiste na mellora das drenaxes e a renovación do pavimento.
O Ministerio de Fomento acometeu nos últimos meses outras obras importantes de mellora da seguridade viaria na N-640 ao seu paso polo termo municipal.
Desde o Concello de Cuntis destacan que nesta estrada creceu en número de vehículos rexistrándose unha intensidade media de oito mil vehículos ao día, con especial incidencia nos vehículos pesados, dado que é unha alternativa á AP-9.
Por este motivo o Goberno local considera que estas melloras son "moi necesarias" para dotar de maior seguridade a esta vía.
Relacionadas:
-
Maica Larriba impulsa as propostas de mellora na N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Redacción |
-
Un despiste provoca un accidente entre tres vehículos na N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Ferido grave un motorista en Cuntis nun sábado accidentado tamén en Caldas e Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un accidente cun microbús e dous coches implicados causa importantes retencións na N-640 en Cuntis
Por Diego Espiño |