Sanxenxo acorda con Sogama reducir a taxa de lixo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo reducirá nun 4,17% a taxa da recollida de lixo, conxelará o IBI, as taxas de gardería, centro de día, actividades extraescolares e actualizará, segundo IPC, as taxas dos servizos de auga e saneamento que xestiona a empresa concesionaria.
Segundo informou o goberno local chegaron a un acordo con Sogama que lle permite reducir a taxa de lixo un 4,17% a aplicar desde o 1 de xaneiro de 2019.
Como o acordo produciuse xa moi avanzado o 2019, en 2020 reducirase a taxa un 8,34% para compensar a baixada que non se aplicou este ano. En 2021 a taxa recollerá só esta redución do 4,17%.
Sanxenxo aplica un Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 0.40%, o mínimo posible. Para o ano que vén o Concello conxela o IBI e tamén as taxas das dúas garderías, do centro de día e as actividades extraescolares.
Tamén se actualizan as taxas relativas ao abastecemento de auga e saneamento, un 0,5% segundo o IPC de xullo mes que todos os anos utilízase de referencia, como establece o contrato de concesión destes servizos.