Aprazadas pola choiva as actividades da Semana Europea da Mobilidade
Por Redacción
O Concello de Poio decidiu cancelar pola choiva as actividades que estaban previstas para esta fin de semana no marco da Semana Europea da Mobilidade.
Esta decisión afecta á xornada "Ponte a Conducir", que se ía a celebrar na Seca cun circuíto pechado de educación viaria para menores. Igualmente suspéndese o roteiro en bicicleta "Móvete Seguro" e a andaina popular polo Roteiro da Memoria.
Estas dúas últimas actividades trasládanse ao próximo domingo, con saída ás 11.00 horas ambas.