A veciñanza pasa un día de convivencia no embalse de Xeve
Por Redacción
O embalse do Pontillón acolleu este domingo o II Encontro Veciñal no Embalse de Xeve.
A choiva condicionou en parte o desenrolo das actividades programadas que incluíron unha andaina, xogos, xantar popular e música.
Parte destas actividades foron solidarias e nesta edición a recadación será destinada á Asociación de Axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e á Asociación socio sanitaria educativa inflamatoria intestinal (ASSEII).
A máis fotografada foi a paella solidaria que, ademais de estar deliciosa tiña unha bonita presentación.
A ambientación musical correu por conta do Coro Amizade de Xeve, Xeve's Sons, e as Pandereteiras de Verducido.