A falta de médicos altera o funcionamento dalgúns Puntos de Atención Continuada
Por Oskar Viéitez
A situación de falta de profesionais na Sanidade pública galega volveu ocasionar problemas esta fin de semana xerando as queixas dos usuarios.
Así varios Puntos de Atención Continuada (PAC) quedaron sen os profesionais necesarios para dar cobertura á demanda asistencial, segundo denunciaron os representantes sindicais.
Foi o caso do PAC da Parda, en Pontevedra, onde traballaron na tarde do sábado só 2 dos 3 médicos que conforman o seu equipo.
Tamén o PAC de Vilagarcía de Arousa contaba este domingo cun facultativo menos dos tres que ten asignados nas gardas da fin de semana. A situación agravouse ao ser demandando un dos profesionais para saídas de urxencia en 3 ocasións durante a mañá, polo que só quedou outro pasando consulta.
En Caldas de Reis, por culpa de dúas saídas fose do centro, houbo un só médico cando tiñan que estar a traballar dous para atender aos 50 pacientes que esperaban ser atendidos.