Chega a Pontevedra o "Pork Lovers Tour" con argumentos para convencer aos veganos
Por Redacción
O autobús da campaña "Become a pork lover" aparcou na Praza de España para converter aos pontevedreses en "amantes da carne de porco".
Trátase dunha acción promocional itinerante das calidades da carne e produtos do porco de capa branca.
Quen suba a esta bus atoparanse con numerosas actividades, desde divertidos talleres a consellos nutricionais, show cookings ou demostracións de corte de xamón.
España é unha das catro grandes potencias exportadoras de porcino a nivel mundial, o segundo maior produtor da Unión Europea e o cuarto a nivel mundial.
Esta iniciativa está promovida pola Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Branca (INTERPORC) é unha entidade sen ánimo de lucro na que están representados todos os sectores da cadea de valor do porcino de capa branca: produción, transformación e comercialización.