As obras na Autovía do Salnés obrigan a desviar o tráfico a partir do mércores
Por Redacción
As obras de renovación do pavimento na autovía do Salnés obrigarán a desviar o tráfico a partir deste mércores, día 25, para o que se habilitarán pasos alternativos evitando cortes na circulación dos vehículos.
Segundo informou a Xunta, estes desvíos compatibilizan as necesidades das obras e garanten a seguridade dos usuarios e operarios.
Case todos os desvíos realizaranse trasladando o tráfico ao carril interior da outra calzada entre os dous pasos de mediana máis próximos ao tramo en execución.
A intervención entre os enlaces de Curro e Ribadumia, que se realizará en dúas fases, fará necesario a derivación total do tráfico a través das estrada PO-300, EP-9305 e VG-4.2 e se prevé completar cada unha das mesmas nunha única xornada.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten, en sentido Sanxenxo habilitarase o desvío este mesmo mércores, e en sentido AP-9 producirase a finais de outubro coincidindo coa última xornada dos traballos.
Na programación das obras tense en conta a celebración da Festa do Marisco do Grove, do 3 ao 13 de outubro, que non coincidirá con ningún destes desvíos totais.
Esta actuación extraordinaria prevista pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no contrato de concesión desta infraestrutura supón un investimento superior aos 5,1 millóns de euros.