Campo da Torre e San Roque, próximos obxectivos da reforma urbana
Por Alejandro Espiño
O Concello traballa xa na planificación das próximas obras de reforma urbana en Pontevedra. Así o anunciou este luns a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
Unha vez que a rehabilitación de zonas como O Gorgullón, Rouco ou Lepanto está moi avanzada e que, entre outras, acometerase nos próximos meses a reforma de Loureiro Crespo e O Castañal, os técnicos están a preparar xa novos proxectos.
Nesta preparación "para o que vén", segundo Gulías, o goberno formado por BNG e PSdeG-PSOE puxo os seus ollos en varias zonas da cidade nas que os veciños levan reclamando unha actuación desde hai anos.
Trátase, entre outras, de Campo da Torre e as rúas adxacentes, da zona de Monte do Taco e do barrio de San Roque.
"Eses son os desafíos inmediatos que nos marcamos", destacou a edil nacionalista, que explicou que estes proxectos de reforma, xunto co calendario previsto, serán presentados ao longo das próximas semanas.
Relacionadas:
-
Este é o proxecto de reforma do Campo da Torre que entra en fase de contratación
Por Redacción |
-
A zona verde do Campo da Torre vai converterse nun parque de árbores con hamacas
Por Redacción |
-
Os populares recollen as queixas da veciñanza do Monte do Taco
Por Redacción |
-
Raíña Vitoria e todo o ámbito entre a Alameda e o Gafos, próximo obxectivo da reforma urbana
Por Alejandro Espiño |
-
A humanización da rúa Lepanto concluirá esta semana
Por Manu Otero |
-
Doce empresas presentan ofertas para reformar Loureiro Crespo e O Castañal
Por Redacción |
-
Crean unha área municipal para que os espazos públicos estean "en perfecto estado de revista"
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma do Gorgullón "vai moi ben", segundo o Concello, e estará terminada en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
A rúa Rouco, en obras
Por Redacción |