Posponen polas chuvias as obras na Autovía do Salnés
Por Redacción
As obras na renovación do pavimento na autovía do Salnés, que obrigaban a desviar o tráfico a partir deste mércores en sentido Sanxenxo, pospuxéronse para o día seguinte, xoves 26, debido ás condicións metereolóxicas. Este desvío obrigaba a habilitar pasos alternativos para así evitar cortes na circulación dos vehículos.
O resto de intervencións realizaranse nas datas programadas se as condicións metereolóxicas permíteno.
Estas actuacións dan continuidade aos traballos iniciados o pasado mes de xuño que foron interrompidos no verán para retomarse novamente en setembro e que supoñen un investimento superior aos 5,1 millóns de euros.
O prazo de execución total das obras é de 8 meses pero desde a Xunta estiman que coa planificación aprobada poderán estar terminadas este mesmo ano.