Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e Unión Fenosa veñen de acadar un acordo para o traslado do transformador do colexio de Barcelos. Así o anunciou o concelleiro de Educación, Tino Fernández, quen asegura que "deste xeito, o terreo queda despexado para que os servizos técnicos municipais poidan tramitar a contratación dos traballos".
Segundo explica o edil socialista, tras recibir a proposta orzamentaria por parte de Fenosa (a obra que corresponde á eléctrica superaría os 20.000 euros, mentres que a do Concello ronda os 130.000), o enxeñeiro xefe da Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería do Concello, Jesús Gómez Viñas, mantivo coa empresa reunións de carácter técnico e tamén sobre o terreo para pechar os detalles da actuación.
"Desbloqueada a situación, os servizos técnicos xa están a preparar os pregos de condicións para o deseño do proxecto e a execución da obra conforme ás indicacións de Fenosa. Quedan por diante os preceptivos trámites burocráticos, que tentaremos axilizar ao máximo, pero nuns meses poderemos iniciar xa os traballos", sinala Fernández.
Tal e como precisa o concelleiro de Educación, con esta intervención, "o transformador eléctrico quedará soterrado fóra da área das obras que se están a executar na rúa do Rouco, en fronte do colexio, polo que deixará de supoñer un perigo para a comunidade educativa definitivamente".
Relacionadas:
-
O PP considera "inxustificable" o atraso no traslado do transformador situado no CEIP Barcelos
Por Redacción |
-
Tino Fernández achaca a trámites administrativos "sen resolver" o atraso no transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Os populares urxen ao Concello a prometida retirada do transformador de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A retirada do transformador do colexio de Barcelos permitirá dotar ao centro dun itinerario accesible
Por Redacción |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
O Concello presionará a Fenosa para que recoloque o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
Os bombeiros apagan un incendio orixinado nun transformador eléctrico
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Acordo entre o Concello e Fenosa para soterrar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |