A rehabilitación da Escola de Faxil na parroquia de Agudelo, petición do PSOE de Barro
Por Redacción
A Escola de Faxil é, segundo afirma o grupo socialista de Barro, o único local da parroquia de Agudelo no que se poden desenvolver actividades sociais. Esta instalación tamén se emprega como colexio electoral e centro de reunións de traballo e de asembleas da Comunidade de Montes de Aguadelo, ademais de actividades como Colectivo Espazo 16 que se realizaba recentemente cun éxito de público.
Por este motivo, o PSOE de Barro presentará unha moción no pleno da corporación municipal que terá lugar este mércores 24 de setembro para reclamar ao Concello a rehabilitación da Escola de Faxil.
Segundo expón José Sanmartín é preciso pechar a parcela, #ante o perigo de caídas desde unha zona elevada, cambiar o tellado e preparar o primeiro piso para que o edificio ofreza máis opcións de uso.
Tamén solicitan que a zona que utiliza habitualmente o Colectivo Espazo 16 conte cunha placa identificativa co nome de 'Salón Especies de Espazos' ou un similar para recoñecer as actividades deste grupo.
Os socialistas entenden que se debe empregar parte do remanente de tesourería para acometer esta reforma ou incluíla dentro do Plan Concellos 2020.