VÍDEO.- Coñece as especies e o universo visual do fondo da ría de Pontevedra
Por Anxo Lourido
Que fauna e flora submarina se pode ver nos fondos da ría de Pontevedra? A esta pregunta dálle resposta o cámara submarinista Pedro Alonso, que elaborou vídeos nos que convida o espectador a coñecer un espazo multicor no que se poden observar desde cangrexos a anemones e corais brandos pasando por polbos, fanecas, raias, chocos, luras ou melgachos, entre outras especies que se atopan na contorna marítima das Rías Baixas.
Os vídeos ofrecen as paisaxes profundas da ría con algunhas imaxes panorámicas espectaculares. Trátase dun proxecto que pon en marcha a Asociación Cultural Rías de Vida coa colaboración do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) no que se elaboran vídeos submarinos de curta duración e con carácter educativo e divulgativo.
A iniciativa pretende que se estimulen preguntas entre o público máis novo e ofrecer argumentos visuais apreciables aos ollos de todos os espectadores ao mesmo tempo que se fomenta a formación sobre o medio ambiente.
Pedro Alonso e o fotógrafo Luís López Cordeiro, que colabora nesta proposta, queren invitar a todas as persoas interesadas en coñecer as augas que bañan o litoral atlántico a subscribirse na canle de Youtube para coñecer estes vídeos.
Relacionadas:
-
Medio cento de pescadores submariños buscarán o domingo o peixe máis grande de San Vicente
Por Manu Otero |
-
Imaxes espectaculares de cabalos mariños, unha especie desprotexida que se move pola ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
O venres comeza a veda do polbo en Galicia que se prolongará ata o 1 de xullo
Por Redacción |
-
Raxó acolle a presentación do proxecto 'Rías de vida'
Por Oskar Viéitez |
-
Informan á rapazada das posibilidades laborais que ofrece o mundo do mar
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Cara a cara submarino: Pedro Alonso, buzo e "film maker" dos fondos das Rías Baixas
Por Clara Alonso |
-
VIDEO.- Así é o fondo da Ría de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |