O rei emérito reaparece en Sanxenxo tras a súa operación de corazón: "Estoy bárbaro"
Por Redacción
Sanxenxo converteuse ao longo dos últimos anos nun dos destinos favoritos para o rei emérito. Tanto é así que Don Juan Carlos elixiu esta vila pontevedresa para a súa primeira aparición en público tras a operación cardíaca á que o monarca foi sometido o pasado 25 de agosto.
O rei emérito, que veu a Sanxenxo para asistir á regata que leva o seu nome, chegaba ao club náutico pouco despois das once da mañá.
Fíxoo acompañado do seu amigo Pedro Campos, regatista e presidente do Náutico de Sanxenxo, quen conducía o coche que parou fronte á entrada principal do club, onde se congregou numeroso público.
Tras baixar do coche, varias persoas do público felicitaron ao monarca pola súa favorable recuperación e dedicáronlle un caloroso aplauso. "Bárbaro, estoy muy bien. Con ganas de meterme en el barco ya", dixo á súa chegada.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, tamén deu a benvida a Don Juan Carlos en nome de todos os habitantes da localidade pontevedresa.
Don Juan Carlos tiña para el un agasallo. Entregoulle a bandeira da cidade finlandesa de Hanko, onde o pasado mes de agosto o monarca gañaba a bordo do "Bribon 500 Movistar" o seu segundo campionato do mundo da clase 6 metros.
Esta localidade entrega a testemuña a Sanxenxo na organización do próximo mundial da clase que se disputará en 2021.
A continuación, Don Juan Carlos accedeu ao club para asistir á reunión das tripulacións da clase 6 metros, na que compite habitualmente, e aproveitou para saudar aos seus compañeiros.
O monarca, nesta ocasión, non sairá á auga para competir pero si pasará toda a fin de semana en Sanxenxo.
Relacionadas:
-
O RCN Sanxenxo dá grazas ao Rey Juan Carlos por potenciar a vela na vila turística
Por Redacción |
-
Reclaman que Sanxenxo retire o nome de "Juan Carlos I" ao porto deportivo
Por Alejandro Espiño |
-
O rei Juan Carlos asiste ao final da Copa de España de 6 metros en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Os portos deportivos de Portonovo, Sanxenxo e San Vicente acadan o selo Galicia Calidade
Por Redacción |
-
A climatoloxía, protagonista na despedida da Regata Rey Juan Carlos
Por Redacción |
-
O rei Juan Carlos volve competir en Sanxenxo tras a súa operación de corazón
Por Alejandro Espiño |
-
O Bribón do Rei Juan Carlos aproveita unha táctica fallida de Erica da Infanta Elena e faise co título
Por Sofía Lorenzo |
-
Os Reis eméritos e a infanta Elena, de cea en Sanxenxo
Por Redacción |