Pechan ao tráfico as rúas Echegaray e Rouco para avanzar na súa reforma
Por Redacción
Dúas das rúas que están a ser renovadas actualmente, Echegaray e Rouco, terán que ser pechadas ao tráfico esta semana para que os operarios poidan avanzar na súa reforma.
En principio, está previsto o peche das rúas en horario de mañá e tarde, para continuar co ritmo de obra e para unir servizos dun lado ao outro das rúas.
No caso da rúa Echegaray, o peche de tráfico comezará o luns 30 de setembro a partir das 09.30 horas e farase en franxas horarias para garantir o acceso aos residentes e aos servizos. Así, pola mañá abrirase ás 13.00 horas e pola tarde volverá a estar pechada entre as 15.30 e as 19.00 horas, aínda que o horario de remate pode variar en función da evolución das obras.
O plan de tráfico estará debidamente marcado con desvíos, recomendando a saída da cidade a través da Ponte das Correntes.
Na rúa Rouco será preciso volver a pechar a rúa para continuar cos traballos de paso de servizos dun lado ao outro da rúa. Nesta ocasión o peche está previsto dende o luns 30 de setembro ata o venres 4 de outubro.
O acceso á praza de Barcelos restrinxirase agás a residentes, garaxes, servizos e o estacionamento soterrado. Tamén queda anulado o acceso a Barcelos dende Benito Corbal a través da rúa Vasco da Ponte
O horario de peche será dende as 09.00 horas ata as 19.30 horas.