O parking do porto deportivo recupera as dúas horas gratis para os veciños
Por Redacción
Desde o próximo 1 de outubro, o aparcadoiro do porto deportivo de Sanxenxo recuperará as dúas horas gratis que terán os veciños do municipio para poder aparcar os seus vehículos.
O goberno local levou ao consello de Nauta a supresión da hora gratis que tiñan os visitantes durante o verán, para favorecer así a aquelas persoas que paguen o imposto do seu vehículo en Sanxenxo.
Estas dúas horas gratis poderanse gozar unha vez ao día e o desconto aplicarase a primeira vez que se accede ao aparcadoiro ese día. Non estará activo en Semana Santa e entre os meses de xuño a setembro.
Para obter o desconto será necesario darse de alta no propio aparcamento achegando nome e apelidos, matrícula do vehículo, correo electrónico e número de teléfono.
Estes datos serán verificados para comprobar que o vehículo está censado no Concello de Sanxenxo, é dicir que paguen o imposto de vehículos no municipio.
Nuns días recibirán un correo electrónico ou unha chamada para confirmar que xa se dispón do desconto. Sen esa confirmación non será aplicado o desconto.
O desconto irá condicionado á lectura da matrícula, polo que o usuario ao retirar o ticket terá que comprobar que a matrícula aparece rexistrada no mesmo.