A campaña 'Yes we can' péchase con 150 microchips implantados e 21 denuncias
Por Diego Espiño
O balance da campaña 'Yes we can', pretendía que fomentar o chipeado de cans e concienciar sobre o comportamento correcto e obrigas dos donos de animais de compañía, concluíu cun balance "satisfactorio", segundo asegura o concelleiro responable, Miguel Filgueira.
Despois dun mes de chipeado implantáronse 150 dispositivos, entre 30 e 40 deles no rural, onde se pretendía establecer un maior control, unha cifra que se completa coas 21 denuncias cursadas pola Policía Local.
Estas denuncias correspóndense a infranciones por carecer de licenza ou seguro no caso de animais perigosos, por non ter implantado o chip, por non recoller os excrementos das mascotas ou por levar o can sen a cadea pertinente.
Todo iso a pesar de que Filgueira confirma que os controis non son exhautivos, aínda que anuncia épocas do ano nas que se intensificarán: "os controis van a seguir, non de manera persecutoria pero si de cando en vez. O que non pode ser é que por exemplo se leven os cans soltos en xonas concurridas".
Un dos seus maiores obxectivos da campaña tamén era loitar contra o abandono de animais: "estamos satisfeitos co número de adopcións (Os Palleiros lleva 200 en lo que va de año) pero non co número de abandonos".
'Yes we can', na que colaboraron as asociacións Os Palleiros, Adopción Galicia e Difusión Felina, volverá o ano próximo segundo o concelleiro con algunhas novidades, como centrarse en informar sobre a esterilización e castración, campañas escolares contra o abandono ou xornadas de adestramento canino cun número máis reducido de participantes.
CONTROL DE GATOS NA RÿA
Dende o Concello iniciouse paralelamente unha campaña de control dos gatos da rúa, empezando por esterilizar ás colonias unha por unha, a primeira, en Valentín García Escudero: "levamos controlados 20 gatos e esperamos estar nos 100 a final de ano e intentar ir reducindo pouco a pouco o número".