A UME pecha o seu despregamento estival en Figueirido: "La mejor noticia es que este año hayamos tenido poca actividad"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga
O batallón da Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregado desde o pasado 1 de xullo na base General Morillo de Figueirido dentro da campaña especial de loita contra os incendios forestais en Galicia deu por pechado este luns o operativo. Despediuse xa da que foi a súa casa no últimos tres meses tras intervir tan só en catro grandes incendios forestais, unha actividade moi inferior á de anos especialmente activos como 2017, pero superior á do ano pasado.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acudiu a despedir ao continxente do V Batallón da UME ao Lago de Castiñeiras, a poucos metros da base da Brigada Galicia VII Brilat na que estaban desprazados. Tras un pequeno discurso no que lles agradeceu a súa "colaboración inestimable", saudou a cada un dos 25 militares despregados un por un e deulle as grazas polo seu traballo.
Unha vez oficializada a súa despedida, os militares puxeron rumbo de regreso á Base de San Andrés del Rabanedo, en León. Fóronse en medio dunha choiva insistente, xusto a mesma que os acompañou durante boa parte do verán, facilitando un tempo que, sen dúbida, contribuíu a que se reducira a súa actividade.
Atrás quedan tres meses nos que toda a súa actividade concentrouse entre os días 5 e 15 de setembro. O comandante Campaña, encargado do peche do destacamento, explicou que o despregamento incluíu a presenza permanente en Galicia de 25 militares e unha serie de medios técnicos, entre os que hai destacar tres autobombas e unha n'odriza', e que neses dez días deste mes de setembro concentrouse a intervención deste destacamento de Figueirido e doutras unidades da UME. Interviñeron nos grandes incendios da Gudiña, Porto do Son, Fisterra e Ribeira.
Maica Larriba lembrou as vagas de incendios de 2006 e 2017 destacou que "afortunadamente" este ano non tivo a incidencia de anos anteriores. "A mellor noticia é que este ano tivésemos pouca actividade", insistiu a modo de balance, pois "la mejor noticia" é que non houbese grandes incendios forestais e que, por tanto, a UME non tivese que intervir coa intensidade coa que interveu noutros períodos.
A UME deu por pechado este luns o despregamento desta campaña, pero o comandante Campaña insistiu en que durante o resto do ano "si es necesario cualquier tipo de refuerzo o hay cualquier intervención se desplazarían los medios", tanto os da base de León -que prestan atención prioritaria a catro comunidades autónomas- como do resto de bases de España, como ocorreu en 2017, cando houbo máis de 900 efectivos despregados en Galicia, ou acaba de pasar en Levante polas inundacións de Alicantes e Murcia.
A subdelegada do Goberno referiuse a esa recente intervención e ao agarimo demostrado pola poboación de Orihuela ao destacamento que lles axudou durante as inundacións e insistiu no seu orgullo por dispoñer no Exército Español dunha unidade de elite que "ha demostrado en muchísimas ocasiones su capacitación profesional y su disposición a estar cerca de los ciudadanos en momentos tan críticos".
Relacionadas:
-
A UME, día a día "intenso" desde Figueirido para unha reacción rápida en caso de incendios forestais en toda Galicia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Brilat volverá aos montes galegos o 15 de agosto e a UME, o 1
Por Redacción |
-
Todos os ollos son poucos para loitar contra o lume: así funciona a célula de seguimento da Centinela Gallego
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xeneral Romero Losada asegura que "no ha habido incendios en ninguna de las zonas donde ha patrullado la Brilat"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Brilat lánzase ao monte esta semana para sumarse á campaña contra os incendios
Por Natalia Puga |
-
Policías, militares e políticos dan por inaugurada a nova campaña de loita contra o lume
Por Redacción |
-
A UME volverá despregarse na base da Brilat no marco da loita contra os incendios
Por Redacción |