O goberno local acorda crear un grupo de traballo con todos os implicados no porto de Portonovo
Por Oskar Viéitez
Un grupo de traballo coordinará a todas as partes implicadas no porto de Portonovo para "sacar o maior rendemento das instalacións portuarias". Así se acordou na reunión celebrada este sábado na sede da Confraría de Pescadores de Portonovo. Neste encontro, convocado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, participaron o cabido da confraría, representantes dos pescadores, do Club Náutico, dos estaleiros, de Amigos da Dorna e do goberno local.
Telmo Martín xustificou a convocatoria nas numerosas queixas recibidas polo funcionamento do porto e instou a todas as partes a resolver conflitos e traballar por un ben común.
Segundo o alcalde "o uso prioritario e maioritario do varadero é a pesca, sobre iso non hai ningunha dúbida, pero debe ser compatible coa necesidade de aparcamento no verán e a celebración de eventos como a Festa da Raia, San Roque e outros".
"Pero non só os mariñeiros deben ser solidarios coa vila, tamén o Club Náutico cedendo parte do seu aparcamento durante as festas de San Roque", engadiu.
O alcalde aproveitou a reunión para confirmar que as atraccións de San Roque instalásense na zona do varadeiro, pero só os cinco días que duran as festas como ocorreu este ano e non os once días que eran habituais ata 2018. "Portonovo non pode perder un aparcamento tan necesario durante tantos días cando máis visitantes ten", sinalou.
O goberno fai un balance moi positivo da reunión e cre que o grupo de traballo que se creou permitirá mellorar os distintos usos das instalacións portuarias "ata que sexa unha realidade o proxecto que está a impulsar o goberno".
Relacionadas:
-
Os portos deportivos de Portonovo, Sanxenxo e San Vicente acadan o selo Galicia Calidade
Por Redacción |
-
Sanxenxo autoriza a instalación das atraccións en Portonovo onde viña sendo habitual
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín necesita un plan de usos do porto de Portonovo para poder desenvolver a súa reforma
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o proxecto de Telmo Martín para o porto de Portonovo
Por Oskar Viéitez |