O Coworking de Barro recibe 20 novos proxectos empresariais
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este luns ás 21 persoas encargadas dos 20 proxectos que participarán na cuarta edición do Coworking de Barro, un programa de emprendemento froito da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, co financiamento do Fondo Social Europeo.
En total, o orzamento para as catro edicións do programa de emprendemento ascendeu a 800.000 euros.
Silva mostrouse "encantada " porque "especialmente alégrame ver que haxa tantas mulleres liderando proxectos porque ata fai pouco o emprendemento, a empresa e a economía escribíanse en masculino e temos que reivindicarnos".
Pola súa banda, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, tamén presente no acto, sinalou que "as administracións temos que axudar a todas as persoas con talento que teñen ideas e ilusión por sacar adiante os seus proxectos".
Nesta edición participarán 20 proxectos, 12 deles liderados por mulleres, que foron elixidos entre as 29 propostas presentadas. Entre os proxectos hai algúns centrados en novas tecnoloxías, moda, cosmética, igualdade, construción, gastronomía, marketing ou comunicación.
Relacionadas:
-
A quinta edición do coworking de Barro comezará en abril e farase de maneira dixital
Por Redacción |
-
A Deputación lanza a cuarta edición do coworking de Barro cunha xornada de portas abertas
Por Redacción |
-
O coworking de Barro pecha a súa terceira edición con más de cincuenta empresas creadas
Por Redacción |