Localizan na Seara unha bicicleta roubada hai tres anos
Por Redacción
A Policía Local de Poio logrou esclarecer o roubo dunha bicicleta que se remonta a hai tres anos. Logrouno grazas á colaboración cidadá a través das redes sociais.
Segundo informou a propia Policía Local, a bicicleta foi localizada na zona da Seara e o seu propietario foi identificado ao difundirse a fotografía na internet.
Ademais, os axentes informaron o xulgado do achado e logrouse atopar á persoa que a roubara.