Cuntis recupera o uso público da burga Lume de Deus
Por Redacción
Como cada 1 de outubro, Cuntis recupera o uso público da burga Lume de Deus, despois da xa tradicional clausura estival.
Dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, o caudal da burga é exclusivamente do balneario que explota Termas de Cuntis. Sen embargo, cada 1 de outubro a auga volve a brotar polo cano desta fonte para que veciños e visitantes poidan facer uso destas augas minero-medicinais.
Para realizar esta operación acudiron a Policia Local de Cuntis xunto o alcalde Manuel Campos, así como, dous operarios de Termas de Cuntis .
Para esta operación é preciso picar o morteiro que une as lousas e proceder á apertura da chave de paso.
Esta burga situada no centro da vila, agocha moita historia amosando a importancia deste recurso para o asentamento dun pobo tan importante como o romano.