De terroristas, reféns e como as forzas de seguridade saben resolver situacións de crises
Por Redacción & Cristina Saiz
A situación é crítica. Hai un secuestro con reféns e terroristas apostados nun edificio e é necesario actuar de inmediato, pero a única forma de acceder é a través dun túnel ou sumidoiro. Xorden dificultades que teñen que liquidar as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Segunda crise. Un garda leva un maletín suxeito á man cunhas esposas cunha serie de documentos oficiais moi importantes cando recibe un ataque do que pode ser un comando terrorista ou delincuentes comúns e debe escapar polas rúas dunha cidade sen soltalo.
Resulta crucial que o persoal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as Forzas Armadas saiban reaccionar #ante situacións como estas ou calquera outra similar e a súa capacidade para facelo mediuse entre este luns e este martes no campo de tiro de Cernadiñas Novas de Pontevedra con motivo do XXXI Campionato de Tiro de Combate organizado con motivo da celebración do Día do Pilar, patroa da Garda Civil.
Un total de 103 membros das forzas e corpos de seguridade do Estado e das Forzas Armadas participaron na edición deste ano, que, como xa é habitual, simularon situacións reais nas que se poden ver involucrados nos seus servizos diarios gardas civís, militares e policías, entre elas as dúas recreadas.
A organización lembra que este campionato está considerado como o máis importante a nivel nacional no que participen todos os corpos e forzas de seguridade do Estado e, nesta ocasión, tamén cinco equipos do Exercito de Terra e participantes da Armada.
Relacionadas:
-
Protesta dos comuneiros contra a Xunta cun peche simbólico do campo de tiro de Cernadiñas Novas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Noventa tiradores afinan a puntería e mostran a súa destreza liberando reféns en Cernadiñas Novas
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O campo de tiro de Cernadiñas Novas acolle un campionato de armas históricas
Por Redacción |
-
Gardas civís, policías e militares participarán no Campionato de Tiro de Combate do Pilar
Por Redacción |
-
Cernadiñas Novas acolle o XXX Campionato de Tiro de Combate
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |