Rescatan unha persoa en Meis ao quedar atrapada entre un vehículo e un muro
Por Redacción
Unha persoa tivo que reclamar axuda a través do 112 Galicia ao quedar atrapada entre un coche antigo e un muro no Concello de Meis. O suceso producíase ao redor das 13.30 horas no exterior dun garaxe do lugar de Fofán.
O propio afectado chamou ao número de Emerxencias ante a imposibilidade de retirar a perna que se quedou atrapada entre o coche e o muro.
O vehículo, segundo explicou o particular ao 112, desprazouse por un desnivel provocando que quedase atrapado. Os bombeiros do Parque de Ribadumia desprazáronse ata o lugar e comprobaron que a pendente alcanzaba unha inclinación de ao redor do 15%.
Foi necesario que a intervención de retirada do vehículo se realizara moi lentamente para evitar causarlle danos, segundo informaban desde o Parque de Bombeiros do Salnés.
Unha vez que chegou a unidade do 061, o equipo sanitario tomoulle unha vía ao mesmo tempo que se ía realizando a liberación. Finalmente, despois de máis dunha hora de traballos, o home foi liberado e trasladado a un centro hospitalario.