Vivir nun paraíso natural dentro da cidade xa é posible: chega Residencial Novolérez II
Que che parecería poder vivir en plena natureza e con conexión directa co centro da cidade?
Vivir no lugar soñado, agora é posible. Chega a Pontevedra Residencial Novolérez II, unha aposta de Metrovacesa por vivendas de calidade, situadas no chamado pulmón de Pontevedra, e a tan só 5 minutos camiñando de calquera servizo.
A recente recuperación do río Lérez, coa praia fluvial e os amplos espazos naturais, converteu esta zona nun auténtico paraíso para pasear, facer deporte ou respirar aire puro despois dunha dura xornada de traballo.
Un lugar privilexiado para gozar de calidade de vida e onde poder deseñar o proxecto vital que desexas. Metrovacesa pensou en todas as novas demandas de vivenda. Desde persoas que prefiren unha vida independente ata os diferentes modelos de familia. Cada casa, unha historia.
A intimidade do fogar con vistas inigualables, á natureza, coa súa fusión de verde e ceos azuis. Unha orientación soñada entre a pasarela peonil e a ponte dos Tirantes e con magníficas vistas á ría. Unha combinación de privacidade e vida en comunidade no barrio de maior potencialidade de Pontevedra.
Vivendas prácticas e cómodas para gozar como sempre soñaches, con materiais de boa calidade e equipamentos altamente funcionais. Fogares que contribúen ao aforro enerxético, como compromiso de Metrovacesa cos seus habitantes e coa contorna. Coidado do medioambiente grazas ás calidades escollidas, a instalación de enerxías renovables ou os illamentos térmicos e acústicos.
Residencial Novolérez ll destaca polo gran proxecto arquitectónico realizado polos arquitectos Villacé e Cominges, que deseñaron unhas vivendas modernas e funcionais de boa calidade.
Este novo complexo residencial está formado por 86 vivendas novas e luminosas tipo loft, 1 e 2 dormitorios e áticos con terrazas, que completan a primeira promoción de Metrovacesa na mesmo contorna, e que xa xerou grande interese entre os seus futuros habitantes.
Pontevedra é un modelo de cidade onde a peonalización deu prioridade ás persoas por enriba dos coches. Unha aposta pola calidade de vida e a saúde onde Metrovacesa dá resposta aos novos tempos e sitúa ao Complexo Residencial Novolérez II como unha oportunidade para poder ir a pé ao traballo, aos colexios ou a facer as compras cotiás.
E que ocorre con aqueles que deban trasladarse a outra cidade para traballar? Unha grande oportunidade, sen dúbida. Todas as vivendas contan con garaxe e apenas en sete minutos chégase á conexión coa autoestrada AP-9 ou ás estacións de tren e autobuses, se se opta por outro tipo de desprazamento. Conexións excelentes con todos os servizos e destinos.