Moraña incrementa as prestacións para familias con fillos con discapacidade
Por Redacción
Ata un 10% aumentará o goberno municipal de Moraña as prestacións para as familias do municipio que teñan a cargo fillos con discapacidade.
O pleno aprobará estas prestacións económicas para unha decena de familias do municipio que teñen ao seu cargo algún fillo con discapacidade, que alcanzarán a contía de 5.469 euros.
Estas axudas oscilan entre os 450 e os 900 euros dependendo do grao de discapacidade dos fillos a cargo e doutras circunstancias das familias.
Con esta achega, preténdense aliviar os fortes gastos que xera a vida diaria destas persoas, tanto para os seus desprazamentos como para o resto de actividades cotiás.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, cualificou estas axudas de "fundamentais" para as familias e "irrenunciables" para o goberno local.