A Asociación Canteiros de Poio estuda denunciar á Deputación por competencia desleal
Por Oskar Viéitez
A Asociación Canteiros de Poio anunciou que estuda denunciar á Deputación por competencia desleal cara os empresarios do sector da pedra.
O vicepresidente desta asociación, Javier Diéguez Mosquera, explicou que a Escola de Cantería realiza monumentos e útiles urbanos en granito para concellos e particulares "e estes encargos non son realizados por concurso público, a escola regálaos ou vende a prezos irrisorios, impedindo a competencia en igualdade de condicións".
Javier Diéguez indicou que como asociación "queremos que se faga unha regulación e renovación da escola, con respecto ao momento estético contemporáneo e ás normativas europeas".
Ademais este colectivo manifestou o seu desacordo coa deputada provincial Noemi Outeda e co certificado de profesionalidade que vai impartir a Deputación de Pontevedra. "Só aceptaremos un grao superior de FP", apuntan.
Sobre a matriculación de catorce alumnos na Escola de Cantería neste curso 2019-2020 valoran que esta segue sendo "algo lamentable e preocupante" xa que o habitual ata a súa "decadencia", da que responsabilizan a Concha López e Enrique Velasco, directores da escola), "foran unha centena".
Relacionadas:
-
RADIO.- Canteiros: "merecémonos ir con dignidade a Notre Dame ou coa cabeza baixa?"
Por Marisa Ciordia |
-
A Escola de Cantería xa está máis preto de conseguir a homologación dos seus estudos
Por Redacción |
-
Máis alumnado no novo curso da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
A Deputación quere falar coa Xunta da transferencia da Escola de Cantería
Por Redacción |