A Deputación pon en marcha o plan de emprego e formación Labora 2020
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a primeira fase do proxecto Labora 2020, unha iniciativa que financian a institución provincial e o Fondo Social Europeo. O obxectivo deste programa é mellorar a formación e empregabilidade na provincia entre as persoas rexistradas nos servizos públicos de emprego que pertencen a colectivos especialmente vulnerables.
Labora 2020 está dirixido a persoas desempregadas de longa duración, jovenes menores de 30 anos, maiores de 55, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas, comunidades marxinadas e outros colectivos desfavorecidos.
Despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases que rexerán a selección dos participantes, os interesados xa poden preinscribirse a través do formulario que atoparán na web da Deputación. O prazo para facelo estará aberto ata o mes de novembro, cando empezarán as primeiras accións formativas.
Na primeira fase, o proxecto beneficiará a 420 persoas de toda a provincia que se formarán en concellos como Barro, Lalín, Cambados, O Porriño, O Grove, Ponteareas, Vigo, Pontevedra, Tomiño, Soutomaior, Cangas e Vilagarcía.
A finalidade deste plan é formar aos participantes nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego da súa área. Nesta primeira fase, desenvolveranse sete dos doce itinerarios previstos cun total de 28 accións formativas centradas en oficios como auxiliar de almacén, limpeza, dinamización de actividades de tempo libre, socorrismo en instalacións acuáticas, conservación e mellora de montes, restaurante e bar, así como competencias crave para a obtención do nivel 2 de lingua galega, castelá e matemáticas.
Os rexistrados deben estar desempregados, empadroados na provincia, non estar incapacitados para a actividade e acreditar o cumprimento do nivel académico necesario.
O programa Labora 2020 ten un orzamento de 4,8 millóns de euros e conta cun financiamento europeo para os anos 201-2020 de 3,8 millóns de euros. En total está previsto que a finais do 2021 benefíciense desta iniciativa ata 855 persoas.
Relacionadas:
-
O Plan Labora 2022 financiará 13 itinerarios formativos a persoas desempregadas e vulnerables
Por Redacción |
-
A Deputación lanza a cuarta edición do coworking de Barro cunha xornada de portas abertas
Por Redacción |
-
O programa de emprego herdeiro do Plan de Práctica Laboral da Deputación dará traballo a 108 mozos
Por Redacción |