O vello centro de saúde da Casa do Mar de Marín albergará un centro sociosanitario
Por Redacción
A primeira planta da Casa do Mar de Marín estará dispoñible para usos sociosanitarios e asistenciais, así o acordaron o Concello e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, titular do inmoble; que acaban de asinar un convenio para a cesión deste espazo.
O inmoble da rúa Ezequiel Massoni, que funcionaba como centro médico antes da apertura do centro de saúde, ten unha superficie de 2.092 metros cadrados e actualmente atopáse baleiro.
No que se refire ao resto do edificio, o segundo piso está transferido á Xunta e destínase a servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional relacionados co Instituto Social da Mariña (ISM). Na seguinte planta están as oficinas da dirección provincial do ISM.
O Concello de Marín ten un orzamento de 450.000 euros para iniciar as obras de conversión do vello centro de saúde nun novo complexo sociosanitario. Ademais o goberno local asumirá os gastos de mantemento, de servizos, subministracións e impostos.
Con este novo paso, o goberno local aspira a poder mellorar os servizos municipais que lle ofrecen ao colectivo da terceira idade, que precisa servizos e instalacións aptas para as súas neccesidades como é a atención asistencial.
Relacionadas:
-
O centro de día que haberá na Casa do Mar de Marín abrirá en 2021
Por Redacción |
-
Marín instala unha gaiola na azotea do mercado para atrapar pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
A iluminación LED chega á alameda de Marín
Por Redacción |
-
Antes de dez días entrará en funcionamento o comedor escolar do CEIP de Seixo
Por Redacción |