Brinde con cervexa artesá no inicio do magosto pontevedrés
Por Manu Otero & Cristina Saiz
O mes de outubro non é só para o magosto. Os amantes do lúpulo agardan este mes para celebrar os cada vez máis habituais Oktober Fest. Para celebrar esta importada festividade en Pontevedra aínda hai que esperar unhas semanas, pero para abrir boca este xoves inaugurouse na Alameda a primeira edición de Pontebirra, o festival da cervexa artesá que toma o relevo de Pontus Lupulus.
Desde as 18 horas o goteo de curiosos polos trece postos que ocupan a carpa foi constante. Moitos soamente miraban de lonxe, outros achegábanse aos mostradores analizando a oferta e a maioría animábase a probar as primeiras cervexas dun evento que permanecerá na parte traseira do monumento aos heroes de Ponte Sampaio ata o domingo.
A variedade de preparacións que están ao dispor dos consumidores é prácticamenta inabarcable. Entre os noventa tipos de cervexa que ofrecen os produtores, galegos na súa maioría aínda que tamén hai dúas empresas do Bierzo e outra de Madrid, poden atoparse bebidas de licor café, con auga de mar, con pouco ou con moita gradación de alcol.
Pero Pontebirra non se basea só no consumo de cervexas. Para acompañar estas bebidas hai unha ampla variedade de foodtrucks que ofrecen comida para toda clase de gustos. Tamén está pensado o festival para as familias, pois haberá actuacións musicais todos os días e obradoiros infantís.
Relacionadas:
-
A cervexa artesá degústase na Ferrería
Por Manu Otero |
-
A Noite dos Calacús abre a tempada de magostos na cidade
Por Redacción |
-
Máis de 2.500 'conquistados' por Pontebirra, que xa pensa nunha segunda edición
Por Redacción |
-
Pontebirra desembarca en Pontevedra con noventa tipos de cervexa artesá
Por Manu Otero |