Comezan as obras da rotonda de San Vicente do Grove
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra comezou este venres as obras da nova rotonda de San Vicente do Grove, no cruce de Lampáns e Vizocas. A actuación, que se vai executar durante os próximos meses, conta cun orzamento de 210.000 euros, financiados integramente pola institución provincial, e vai supoñer unha importante mellora na seguridade viaria.
A nova rotonda terá un diámetro exterior de 32 metros e inclúe sendas peonís laterais de 2,5 metros de ancho e comunicadas mediante pasos de peóns elevados. As sendas serán de formigón coloreado. A glorieta disporá de acabado interior de céspede natural.
A iluminación quedará resolta por medio dun báculo central de 9 metros de altura e catro proxectores con tecnoloxía LED.
O alcalde de O Grove, José Cacabelos, amosouse encantado do comezo desta obra que cualificou como "importantísima porque era moi agardada pola veciñanza e porque demostra que o rural, para nós, existe".