Persoal municipal e de Protección Civil fórmase en reanimación e uso de desfibriladores
Por Redacción
25 persoas que realizan diferentes actividades municipais participaron en Cerdedo-Cotobade na terceira edición das Xornadas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e de utilización do desfibrilador semiatuomático (DESA).
Con este curso, os asistentes adquiriron coñecementos relacionados cos primeiros auxilios para atender en casos de emerxencia. Persoal de Protección Civil, dos servizos de primeira intervención, ademais de responsables das escolas deportivas e de música do Concello, ademais de traballadores doutras áreas municipais participaron nesta actividade.
O médico especialista e coordinador desta actividade formativa encargado do funcionamento destas sesións, Juan Campos, asistía á entrega dos diplomas.
A tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro foi a encargada de dar os títulos acreditativos ao persoal que desenvolve os seus servizos na sede adminitstrativa de Cerdedo. Durante os vindeiros días, aquelas persoas que participaron desde Cotobade tamén recibirán os diplomas.