O PP pregunta polo proxecto de construción da casa de cultura de Tomeza
Por Diego Espiño
O pasado mes de maio o Concello de Pontevedra anunciou que desistía de construír unha nova casa de cultura en Tomeza apostando por reformar o local de Lusquiños e destinar a parcela onde se ía realizar a obra a un aparcadoiro para coches e autobuses.
Esta decisión, derivada dunha demanda que a Asociación de Veciños de San Pedro hizó pública en 2005, motivou as críticas do grupo municipal popular.
O concelleiro do PP Pablo Fernández cualificou o cambio de plans como "unha tomadura de pelo e un agravio comparativo para os 1.000 veciños da parroquia".
Segundo Fernández o compromiso alcanzado polo goberno municipal incluía tamén a construción dun parque infantil, a ampliación do campo da festa e do adro parroquial.
Defende o popular que a única partida presupostaria habilitada nos últimos anos para este asunto se limita a 60.028 euros para a explanación do terreo: "primeiro necesitan máis de tres anos para unha permuta, prometen o ouro e o mouro e despois só explanan o terreo".