O novo vial a Monte Porreiro esperta o interese de 16 empresas
Por Redacción
As obras do novo vial de Monte Porreiro espertaron o interese de 16 empresas, que presentaron ao Concello de Pontevedra ofertas para executar a actuación, que ten un orzamento de 1.137. 280,50 euros.
As ofertas recibidas corresponden ás empresas e UTEs Civis Global, Elsamex, Covsa, Obras, reformas y saneamientos, Excavaciones y transportes Ivanca , UTE Audeca - Narón, Construcciones Fechi, Construcciones Cernadas, Construcciones Ramírez, Construcciones Caldebergazo, Ogmios Proyectos, Hordescuou, Nexia Estructuras, UTE Prace Servicios y Obras + Construcciones Ramón Vázquez y Reino , E.C. Casas e UTE Emergis Construcción + Construcciones Alea.
Tras o remate do prazo de presentación de ofertas, está previsto que o vindeiro martes 8 de outubro se realice a apertura de sobres na Mesa de Contratación, de cara a continuar co proceso.
A Xunta de Goberno aprobou o inicio do procedemento de contratación deste vial o pasado mes de setembro e, unha vez axudicado, terá un prazo de execución de 9 meses.
O vial resultante terá 605 metros de lonxitude con dous carrís de tráfico de 2,5 metros de ancho cada un e unha beirarúa ao carón das vivendas cun mínimo de 1,5 metros. Incluirá os parámetros de calmado de tráfico e de vía urbana con preferencia da mobilidade peonil propios do modelo urbano de Pontevedra.
O proxecto inclúe un tratamento específico para a zona dos Campos, onde se realizará unha intervención para converter a actual zona de cruzamento nunha gran praza pública, ordenando o espazo e integrando zonas verdes.
Relacionadas:
-
Monte Porreiro estreará novo acceso por Os Campos en nove meses
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello renovará o parque infantil da Praza de Europa en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
A construción do novo acceso a Monte Porreiro por Os Campos durará nove meses
Por Alejandro Espiño |
-
O novo acceso a Monte Porreiro, en obras antes de que remate este ano
Por Alejandro Espiño |