Contra o cancro, non importa se andas ou corres, a cuestión é estar
Por Diego Torrado & Redacción
Máis de 2.500 pontevedreses sumáronse este domingo á terceira edición da Marcha Andar ou Correr contra o Cancro, coa que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) busca apoiar a investigación para combater esta enfermidade e fomentar a adopción de hábitos saudables entre a poboación.
Este ano o Premio á Superación foi para Amencer, polo seu programa Rodando. Os primeiros clasificados foron, na categoría feminina, Rocío Porras, da Escola Naval; e, na masculina, Pablo Otero, do Club Cambados.
A cita congregou participantes de todas as idades. A máis nova foi Enma Sobran, de tan só sete meses (nada o 3 de marzo de 2019), e o de maior idade foi Jaime Aboy, de 86 anos (nado o 4 de xaneiro de 1933).
O acto de entrega de premios estivo presidido polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a deputada provincial Olga García Ballesteros.
Relacionadas:
-
O rastro solidario da AECC abre as súas portas na rúa Michelena
Por Manu Otero |
-
Un sorriso máis forte que o cancro
Por Manu Otero |
-
Detectan 53 casos de cancro de mama en mulleres atendidas polo programa de detección precoz
Por Redacción |
-
Máis de 40 persoas larinxectomizadas participan no programa 'Volver falar' da AECC
Por Redacción |
-
Pontevedra buscará en outubro unha ‘marea verde’ de 2.500 persoas contra o cancro
Por Redacción |
-
Multitudinaria marcha contra o cancro en Pontevedra
Por Diego Espiño & Diego Torrado |