Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción
Unha nova avaría na rede de subministración eléctrica afectou este domingo a total de 850 clientes de Naturgy das parroquias pontevedresas de Marcón, Mourente e Tomeza, que estiveron sen luz durante 45 minutos.
Segundo a información recollida por Unión Fenosa Distribución, a incidencia rexistrouse ás 18.43 horas deste domingo e quedou resolta ás 19.26 horas, isto é, o apagon solucionouse 43 minutos despois.
Os clientes afectados polo corte de luz puxéronse en contacto coa compañía distribuidora, que lles explicou que a orixe da incidencia era unha avaría localizada na parroquia de Mourente, segundo puido saber PontevedraViva.
Esta avaría súmase ás rexistradas nas últimas semanas en diversos puntos do termo municipal de Pontevedra, que se cebaron de forma especial co centro histórico, pero tamén deixaron problemas de subministración en varias parroquias, como Campañó, xerando unha indignación crecente entre a poboación.
Relacionadas:
-
A avaría nun transformador eléctrico deixa seis horas sen luz varías rúas na contorna da Praza de Touros
Por Redacción |
-
Invisten 90.000 euros na mellora da estrada entre Vilafranca e Lusquiños
Por Redacción |
-
Naturgy alerta dun corte de luz este domingo na contorna de San Antoniño para "continuar mellorando a calidade do servizo"
Por Anxo Lourido |
-
O Concello pedirá ao conselleiro de Industria que tome medidas contra Naturgy polos continuos cortes de luz
Por Anxo Lourido |
-
O BNG leva ao Parlamento os reiterados cortes de enerxía eléctrica na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Animan aos afectados a reclamar indemnizacións polos cortes de luz
Por Alejandro Espiño |
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
Indignación contra Naturgy en Pontevedra ante o enésimo apagón na cidade
Por Redacción |
-
O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño |
-
Unha avaría na rede de auga deixa sen subministración de gas a parte do centro histórico
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Decenas de comerciantes reclaman a Fenosa solucións ante os continuos cortes de luz
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |