Rescatan un pescador que caeu dun barco e nadou ata unha batea no Grove
Por Redacción
Unha embarcación particular rescatou na tarde deste domingo un pescador que caeu dun barco e nadou ata unha batea no municipio do Grove.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os feitos sucederon na illa da Toxa uns minutos antes das 20.50 horas deste domingo. Nese momento, o servizo de seguridade da Toxa contactou co 112 Galicia para alertar de que foran avisados por varios veciños que escoitaban a alguén pedindo auxilio desde o mar e, posiblemente, desde unha batea.
O home caeu dun barco, nadou ata unha batea e alí foi recollido por unha embarcación particular que o levou ata o porto da localidade.
Á súa chegada ao porto, o pescador estaba en bo estado de saúde. Segundo ao 112 Galicia, finalmente descartouse o seu traslado a un centro médico.
Os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero de rescate Pesca I.
Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo Municipal de Protección Civil do Grove, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.