Os cabalos, protagonistas da fin de semana en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Carballeira da Chan na localidade caldelana de Caritel acolleu esta fin de semana a primeira Xuntanza Cabalar organizada polo Concello de Ponte Caldelas. Na cita, na que colaboraron os colectivos Hípica Rabaleira, Centro Ecuestre Atlántico, Hípica Amazonas, Camiño de Santiago dacabalo e Camiños Galicia; participaron máis dun centenar de xinetes, quen completou un roteiro de 22 quilómetros por espazos singulares como os pasos da Fraga, os Camiños Ariieiros, Castrelada ou os viveiros de Pazos.
Despois do paseo do sábado, o domingo tivo lugar na carballeira unha exhibición de saltos a cargo do Centro Ecuestre Atlántico e outra de doma dirixida por Hípica Amazonas. Ao mediodía tivo lugar uno dos actos máis divertidos da xornada, unha carreira de obstáculos de xinetes na que participaron once veciños da contorna de Ponte Caldelas.
No acto participou o alcalde Andrés Diaz, quen destacou a "enorme tradición ecuestre" do municipio e agradecio a presenza e colaboración de todos os participantes e entidades colaboradores nun evento que 2chegou para quedar en Ponte Caldelas", rematou.
Relacionadas:
-
O primeiro raid hípico de Cuntis coroará o domingo ao campión galego
Por Redacción |
-
RADIO.- Podcans convida a un técnico en equitación para falar de cabalos
Por Redacción |
-
Un centenar de xinetes estrean a Ruta Cabalar de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas modificará o proxecto da estación termal para ter o visto bo de Augas de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas presentará o novo PXOM en asembleas por todas as parroquias
Por Redacción |