Ollo! Os billetes falsos usados en películas que circulan por toda España chegan a Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Desde hai semanas circulan por España billetes que, a pesar da súa aparencia, non son de curso legal senón unha reprodución para utilizar en películas e series de ficción. Pois ben, un deles foi detectado en Pontevedra.
Trátase dun billete de 20 euros que foi descuberto por axentes da Policía Nacional nunha inspección rutineira nun bar de Pontevedra.
O billete en cuestión, segundo informou a comisaría, leva a marca e iniciais do Banco Central Europeo pero tanto no seu anverso como no seu reverso leva unha frase en inglés que informa que se trata dunha reprodución.
A pesar da súa mala calidade e da inscrición, moitos comercios e consumidores de toda España están a verse afectados polo que os investigadores piden que se preste unha maior atención.
A Policía alerta da circulación destes billetes e advirte aos cidadáns que teñan coidado para evitar que lles coen algún deles.