Novo servizo para loitar contra a violencia machista no Concello de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis conta desde primeiros de outubro cun novo servizo destinado a desenvolver actividades e proxectos coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre a poboación, mulleres e homes, que integran o municipio.
Este servizo quere sensibilizar, concienciar e loitar contra as violencias machistas. A iniciativa desenvólvese a través do financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que permitiu ao Concello de Cuntis contratar a dous axentes de igualdade coa colaboración da asociación O Soño de Lilith.
Este proxecto poñerá en marcha unha campaña para visibilizar e promocionar o Servizo de atención integral á muller, ademais de potenciar iniciativas en materia de igualdade de oportunidades, que se promoven desde a concellería de Igualdade municipal.
Tamén se desenvolverán, en breve, actividades de formación de persoas mediadoras para loitar contra as desigualdades de xénero e a violencia machista.