Os portos deportivos de Portonovo, Sanxenxo e San Vicente acadan o selo Galicia Calidade
Por Redacción
Os portos deportivos de Sanxenxo, Portonovo e San Vicente foron premiados co certificado de Galicia Calidade que os acredita como referentes turísticos. O selo foi entregado este luns no Real Club Náutico de Sanxexo polo conselleiro de Economía, Emprego e Facenda, Francisco Conde e entre a lista de condecorados figuran outros dez portos e clubs deportiva de todo o litoral galego.
Os beneficiarios deste selo terán plena liberdade para utilizar a marca Galicia Calidade nas súas actividades. A concesión deste distintivo ao náutico sanxenxino chega despois da concesión do mesmo selo á entidade Nauta Sanxenxo.
A marca de garantia galega avala a calidade destas instalacións náutico deportivas de Galicia, que lidera o número de clubs náuticos que locen o distintivo Q de Calidade Turística de España, co 60 % destas instalacións distinguidas. "A partir de agora serán embaixadores da Comunidade", díxolles o conselleiro aos premiados durante o acto de entrega de certificados.
No acto participou tamén a presidenta de Portos de Galicia, Susana Linguas, quen mostrou a súa predisposición para traballar na consecución de leste mesmo selo para o resto de portos deportivos de Galicia. Coas novas incorporacións, a marca de garantía de Galicia conta xa con 125 establecementos certificados de diferentes sectores.