Nova vida para o lavadoiro de Arra
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo recuperou o lavadoiro de Arra que se atopaba totalmente abandonado e non podería ser usado pola dificultade de acceso que presentaba.
Este lavadoiro forma parte dos bens que integran o patrimonio etnolóxico e co fin de preservalo as actuacións realizáronse de forma harmoniosa e coherente cos valores xerais da contorna coidando a integración dos materiais, sistemas construtivos, tipoloxía e cromatismo.
Para a súa restauración realizáronse tarefas previas de roza, picado e rejuntado de xuntas e colocación de tella. Empedrouse a contorna e mellorouse o seu acceso, instalado unhas escaleiras e unha rampla.
O orzamento de actuación foi de 35.000 euros.