O Concello negocia con Costas a cesión de terreos en Ponte Sampaio, Mollabao, Malvar e na contorna do Pavillón
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e a xefatura do servizo provincial de Costas iniciaron este luns os contactos para analizar as mellores fórmulas para a cesión á institución municipal dos terreos de Ponte Sampaio, Malvar, Mollabao e a contorna do Pavillón Municipal dos Deportes. Na reunión participaron o tenente de alcalde, Tino Fernández; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes; o enxeñeiro xefe da Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas, Enxeñería e Servizos, Jesús Gómez; e o xefe de servizo de Costas, Enrique Fernández.
Ao termo do encontro, ambos os edís mostráronse "moi satisfeitos coa receptividade" no intercambio de impresións de "esta primeira toma de contacto". Puentes explicou que, "en función de cada caso, estudarase cal sería a mellor vía para facer efectiva a cesión, concesión, autorización ou desafectación dos terreos".
Pola súa banda, Fernández detallou que o obxectivo do Concello é instalar un parque público na parcela de Malvar e darlle un uso mixto, parque público e aparcamento disuasorio, á de Mollabao. Tamén expuxeron posibles usos para a parcela da gasolineira do Burgo no caso de que se rexeite a prórroga da concesión e novas actuacións nas inmediacións do pavillón.
Nos plans do goberno local está tamén a cesión do campo de fútbol de Ponte Sampaio para rexenerar a beira do río e incrementar os espazos verdes dispoñibles "mantendo sempre o compromiso de dotar de instalacións adecuadas ao club de piragüismo", precisou Fernández.
Outro asunto que se analizou na reunión é a situación das Xunqueiras de Alba, escenario no que a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol fixo público o seu interese e contactos con Costas para construír alí a futura cidade deportiva. Proxecto que tamén foi presentado con acerto Fernández, responsable da área de Deportes, e sobre o que se comprometeu a estudar a súa viabilidade antes de tomar unha decisión.
O futuro de todos estes proxectos, segundo o tenente de alcalde, dependerá en boa medida do que ocorra o 10 de novembro na nova cita coas urnas. "A situación pode variar bastante en función do goberno que se forme en Madrid. Esperemos que haxa un Executivo estable e favorable", subliñou Fernández.
Relacionadas:
-
O Concello mantén a súa intención de comprar o terreo de Malvar para facer un parque en Mollavao
Por Oskar Viéitez |
-
Prohibido estacionar no aparcadoiro de Mollavao para que poidan rehabilitalo
Por Redacción |
-
Dous aparcamentos disuasorios de aspecto marciano
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A inestabilidade do terreo obriga a modificar o contrato do campo de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Novo atraso na construción do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Anxo Lourido |
-
Costas coñece o plan de acción para a restauración ambiental da Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Así será o novo parque urbano do barrio de Mollabao
Por Redacción |
-
O Concello alega ante Costas contra a gasolineira do Burgo e o transformador do Pavillón
Por Oskar Viéitez |
-
Costas rexeita prorrogar a concesión á gasolineira do Burgo e o Concello xa pensa en convertela en zona verde
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello arranxará os problemas de drenaxe se o Pontevedra ascende
Por Manu Otero |
-
Costas ve como una "posibilidad viable" construír a cidade deportiva do Pontevedra na Xunqueira de Alba
Por Diego Espiño |
-
O Concello tramita a mellora de aparcadoiros afectados por Costas e a creación do Parque da Dignidade
Por Anxo Lourido |
-
O Concello confía en que Campañó e Ponte Sampaio teñan campo de fútbol novo a finais de ano
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma de Mollavao, pendente de Costas tras aceptar a Xunta transferir a PO-546 ao Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Costas desafectará os terreos para ampliar a praia fluvial de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Proxectan un gran parque público de 14.000 metros cadrados nos antigos terreos de Malvar
Por Alejandro Espiño |