Unha liña de alta tensión cruzará os montes de Troáns
Por Redacción
O proxecto de instalación dunha liña de alta tensión desde o parque eólico de Lousame (A Coruña) e a subestación eléctrica de Tivo, en Caldas de Reis, entra en fase de exposición ao público que dispón dun prazo de vinte días para presentar alegacións contra un trazado que atravesa zonas forestais dos concellos de Lousame, Rois, Teo Brión, Padrón, Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis.
Trátase dunha liña aérea de evacuación da electricidade producida na devandita estación eólica para conducila á central de Tivo. No caso de Cuntis, explica o alcalde, Manuel Campos, que o tendido só afecta a unha zona de monte da parroquia de Troáns. Aínda así, desde o Concello emitirán un bando para informar os veciños da apertura do período de alegacións para que analicen o proxecto e teñan oportunidade emendar calquera prexuízo.
Este proxecto atópase aínda en fase de obtención da autorización ambiental polo que a a instalación da nova liña eléctrica non comezará ata que todos os trámites administrativos estean superados. Trátase dun proxecto promovido por Rede Eléctrica de España e cunha lonxitude total superior aos 40 quilómetros.
Relacionadas:
-
Cuntis solicita á Xunta a mellora de camiños e a modificación dunha liña eléctrica nas parcelarias de Troáns
Por Redacción |
-
Novo servizo para loitar contra a violencia machista no Concello de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis aspira a ser un referente na mellora da calidade de vida e o coidado aos maiores
Por Redacción |
-
Cuntis recupera o uso público da burga Lume de Deus
Por Redacción |