O novo plan de emprego de Moraña servirá para mellorar infraestruturas municipais
Por Redacción
O Concello de Moraña aproveitará a súa inclusión no obradoiro de emprego Ulla-Umia IV para levar a cabo obras de mellora en diversas infraestruturas e servizos públicos do municipio. Na memoria aprobada pola Xunta figuran actuacións como a modernización dos vestiarios das piscinas municipais, a reforma do local cultural de Chan de Amil, a restauración de oito fontes e lavadoiros, así como do acondicionamento de dous carreiros fluviais.
Nesta nova iniciativa laboral compartida co Concello de Valga participarán vinte trabajores naturais destes municipios seleccionados entre veciños en situación de desemprego. O taller combina labores de obra con sesións formativas en materia de albanelería e mantemento forestal.
O orzamento destinado pola Xunta para esta actividade ascende a 336.000 euros e inclúe a fase práctica e teórica dos participantes. A alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, mostrou a súa satisfacción pola concesión "tan rápida" dun novo taller de emprego, posto que o anterior clausurouse hai só dous meses. Recorda a rexedora que " rebaixamos a lista de desempregados de Moraña en 230 persoas nos últimos 50 meses".