A praza da Peregrina acollerá este venres a carpa Revitaliza con información sobre compostaxe
Por Redacción
Coa entrega de material divulgativo e de plantas, este venres 11 desenvolverase unha xornada informativa sobre o Plan Revitaliza de compostaxe que ten en marcha a Deputación de Pontevedra e que tamén promove o Concello de Pontevedra.
Será entre as 10.00 e as 13.00 horas nunha carpa que se instalará na praza da Peregrina. Alí os asistentes coñecerán os detalles da compostaxe dos biorresiduos tanto nos centros comunitarios da cidade como nos composteroexs individuais nas hortas das súas propias vivendas.
O persoal técnico explicará os beneficios deste modelo lembrando que é precisa a colaboración cidadá para que antes de 2020 se cumpra coa directriz da Unión Europea que obriga a recoller o 50% dos residuos preparados para reciclar e reutilizar. E no 2023 remata o prazo para a recollida da totalidade dos biorresiduos de forma separada.
Durante esta actividade, as persoas que o desexen poderán participar nos xogos de preguntas e respostas. Aquelas persoas que contesten correctamente poderán recibir unha planta aromática ou de tipo ornamental como herba luisa ou menta, ademais doutros obxectos como imáns, guías ou bolsas.
Esta iniciativa completa as actividades que desenvolve o Concello de Pontevedra nas parroquias. Aquelas persoas do rural que estean interesadas en dispoñer dun composteiro individual para a súa horta e participar da compostaxe comunitaria poden deixar o seu nome para iniciar a tramitación.
A carpa estará a próxima semana en Ponteareas, Barro, Poio e Campo Lameiro.
Relacionadas:
-
Medio millón de euros para contratar mestres composteiros nos 'concellos Revitaliza'
Por Redacción |
-
O compost toma a Praza da Peregrina
Por Manu Otero |
-
"Ao volver a China adaptaremos o aprendido aquí do Plan Revitaliza ao noso contexto"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O "Selo Revitaliza" distinguirá o compromiso dos restaurantes coa compostaxe e co medio ambiente
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O Plan Revitaliza indica o camiño a seguir a outros lugares e servirá de base para nova lexislación europea
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Pontevedra inicia o reparto de 8.000 composteiros polas parroquias
Por Oskar Viéitez |