O campo de fútbol de As Canteiras, en Cuntis, mellora a súa iluminación
Por Redacción
O campo municipal de fútbol de As Canteiras, en Cuntis, recibiu este martes a visita da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias; do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourós; e o alcalde Manuel Campos. Este encontro débese a que ambas as administracións colaboran na mellora da eficiencia enerxética da iluminación desta instalación deportiva.
A relación consiste na reforma da iluminación do recinto a través da substitución dos proxectores actuais por outros de tecnoloxía LED máis eficientes co obxectivo de diminuír o consumo eléctrico e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Esta medida contribuirá tamén a un aforro económico posto que os custos de mantemento redúcense.
Fernández-Tapias destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que repercutan en melloras directas para o día a día dos cidadáns.
Relacionadas:
-
Cuntis investirá 105.923 euros na sustitución por led de 238 puntos de luz
Por Redacción |
-
A Xunta achega 10.160 euros para renovar o material deportivo das Canteiras, en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis cambiará por LED toda a iluminación do campo das Canteiras
Por Redacción |
-
Cuntis confía en comezar en setembro o arranxo das pistas de atletismo de As Canteiras
Por Redacción |