Morre unha muller de 62 años tras bater coa súa moto contra un autobús no Grove
Por Redacción
Unha muller de 62 anos faleceu este mércores no Grove despois de que a motocicleta na que circulaba fose arroiada por un autobús.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as dúas da tarde na estrada PO-316, nas inmediacións da gasolineira situada á entrada do municipio.
A vítima mortal, veciña do Grove, chocou contra o autobús cando saía coa súa moto da estación de servizo. No vehículo colectivo viaxaban medio centenar de turistas procedentes de Badaxoz que, tras pasar a mañá na vila, regresaban ao seu hotel.
Todos os viaxeiros do autobús, un grupo de xubilados que viñeran á Festa do Marisco, resultaron ilesos.
Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos da Policía Local do Grove, do GES de Sanxenxo e do 061. A pesar dos intentos por reanimar á vítima, os médicos tan só puideron certificar o seu falecemento.
A Garda Civil de Tráfico investiga agora as causas do accidente, aínda que as primeiras hipóteses barallan unha posible imprudencia por parte da falecida á hora de incorporarse á estrada.