O Concello de Marín realiza tarefas de mantemento na Finca de Briz
Por Redacción
Os operarios do Concello de Marín traballan estes días na reparación da zona da lagoa da Leira de Briz. O mal estado dos listóns de madeira, deteriorados pola humidade e o paso do tempo, obrigou a intervir de forma inmediata. En lugar de repoñelos, optaron por botar formigón por todo o espazo no que estaban os listóns.
Este labor comezou a realizarse hai unha semana, co formigón xa implantado as tarefas céntranse agora na colocación dos últimos remates para deixar a instalación lista para a tempada de inverno. No Concello consideran este lugar como un espazo "único" para realizar actividades de todo tipo como o Samaín de Briz que reunirá o día 31 a decenas de familias na leira.
Esta obra vén completar o lavado para a que foi sometida a Leira de Briz coa retirada dos listóns de madeira da contorna do auditorio.
Relacionadas:
-
Posta a punto da estrada das praias de Marín, con nova rodadura e sen maleza
Por Redacción |
-
O Samaín de Briz non ten medo da choiva
Por Redacción |
-
Un plan especial de tráfico facilitará a participación e estacionamento no Samaín Briz
Por Redacción |
-
Marín xa ten plan de prevención de incendios
Por Redacción |
-
O Concello de Marín construirá dous novos aseos no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Briz acollerá un centro terapéutico para pacientes con Alzheimer
Por Redacción |